Saturday 27 de April de 2024

Feijóo destaca a necesidade de reactivar coa máxima intensidade o diálogo social para dar un salto cualitativo na loita contra as desigualdades que aíndan persisten


Lembra que, con este obxectivo, a Xunta solicitou ao Consello Galego de Relacións Laborais a negociación dun acordo marco interprofesional de ámbito autonómico

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a necesidade de reactivar coa máxima intensidade o diálogo social para dar un salto cualitativo nas desigualdades que aínda persisten. E, nese sentido, referiuse á posta en marcha da Axenda de emprego da Comunidade Autónoma que compromete 1.000 millóns de euros ata o ano 2020 e pretende fomentar o emprego de calidade, a través da formación, capacitación e especialización durante a vida laboral.

Ademais, lembrou que co mesmo obxectivo, a Xunta solicitou ao Consello Galego de Relacións Laborais a negociación dun acordo marco interprofesional de ámbito autonómico que permita dar un salto cualitativo.

Durante a apertura do Congreso UXT-Galicia, e desde o respecto á autonomía das organización sindicais e empresarias, incidiu na necesidade de abordar esa negociación e animou a facelo “para conseguir –dixo- froitos como os que logramos nestes anos de crise”.

Sobre este punto, e logo de subliñar que ningún dos obxectivos é posible se non entendemos Galicia como unha causa común na que todos precisamos de todos; Feijóo insistiu en que “todos coincidimos no esencial: en que avanzamos pero non estamos satisfeitos; que queda moito por facer”.

O titular da Xunta afirmou que a sociedade, igual que na Transición e nos anos oitenta, pide acordos que permitan conciliar emprego inclusivo e igualitario, cunha competitividade que xa non é unha opción, senón unha esixencia na economía global na que estamos.

Nesta liña resaltou que, se ben en Galicia descendeu o paro e o número de ocupados se mantén por riba do millón, o primeiro problema da nosa Comunidade continúa a ser o desemprego “hai moitas familias que o seguen a pasar mal, e máis de 228.000 galegos queren traballar e non poden”.

Así mesmo, lembrou que hoxe coñecemos dous novos datos económicos que constatan a reactivación económica que está a experimentar a nosa Comunidade. “A industria galega estase recuperando, somos a segunda Comunidade Autónoma con maior incremento do IPI” e de confirmarse o contrato para a construción de dos novos buques para Navantia o emprego na ría de Ferrol chegaría para quedarse.